CONVOCATORIA PARA CUBRIR UNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR, VACANTE NO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE VIMIANZO
SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición libre
TITULACIÓN REQUIRIDA:
Estar en posesión, ou en condicións de obter na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.
INSTANCIAS:
As persoas que desexen tomar parte do procedemento selectivo desta praza de funcionario de carreira presentarán solicitude no modelo oficial, que figura como anexo II as Bases. As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde da corporación municipal e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.
As instancias tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38, apartados 4 e 6 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 14 DE NOVEMBRO ATA O DÍA 3 DE DECEMBRO DE 2010
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/10/27/2010_0000015427.html