MODIFICACIÓN BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, EN PROPIEDADE, DE ONCE PRAZAS DE POLICÍA CORRESPONDENTES Á OFERTA PARCIAL DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2010
Anuncio
A concelleira coordinadora delegada da Área de Recursos Humanos e Organización Interna mediante delegación conferida por resolución do alcalde de data 30/10/2008 (BOP 01/12/2008), acordou rectificar a resolución de data 06/10/2010 que aprobaba as bases específicas da convocatoria para a provisión, en propiedade, de once prazas de Policía, bases publicadas no BOP do día 15/10/2010, bases que se rectifican no seguinte sentido:
“Base terceira:
Alinea 3.1.a) relativa a requisitos dos/das aspirantes queda redactada do seguinte xeito: Ter nacionalidade española.
Alinea 3.1.f) queda redactada do seguinte xeito: Nor ter sido condenado/a por delicto doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
Base quinta: apartado 1 alínea d) quedará redactada do seguinte xeito: Fotocopia compulsada dos permisos de conducir das clases A2, B e BTP, así como da declaración mediante a cal se comprometen a manter vixentes os citados permisos e autorización mentres permanezan en situación de servizo activo no Corpo da Policía Local.
Base sexta: suprímese a mención “en representación da Xunta” respecto do vogal proposto pola Academia Galega de Seguridade Pública.
Base sétima:
Engádese ao comezo da mesma o seguinte texto: A orde de actuación dos aspirantes nas distintas probas selectivas virá determinada pola resolución que ao respecto dicte a Consellería de Facenda, pola que se fai público o resultado do sorteo ao cal se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo exercicio, proba de galego, establecese a exención da proba para aquelas persoas que acrediten estar en posesión do CELGA 4 ou equivalente.
Base oitava: engadese ao final o seguinte texto: Os/as aspirantes propostos para nomeamento deberán superar o correspondente curso previsto pola Academia Galega de Seguridade Pública.
Anexo I: apartado A.1.1. rectificase o seguinte: As marcas máximas (en segundos) esixidas para a superación da proba son: para os homes 7,40” e para as mulleres 8,20”.
Anexo III: no apartado A.3.1.2. a referencia ao anexo II está errada debendo referirse ao epígrafe A.1. do anexo III.”