GALICIA: Resolución que modifica a resolución na que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número e orde de puntuación con rspecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas categorías estatutarias de Xestión e Servizos do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 12 DE NOVEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DO 8 DE OUTUBRO DE 2012 POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS, CO NÚMERO E ORDE DE PUNTUACIÓN, CON RESPECTO AO PROCESO DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NAS DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

________________________________________________________________________________________________________________

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que permite ás administracións públicas rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 8 de outubro de 2012 (DOG número 213, do 8 de novembro), en canto que se detectou un erro na aplicación dos méritos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 8 de outubro de 2012.

Tendo en conta o anterior, ábrese novo prazo de recurso, contado desde o día seguinte á data de publicación desta corrección no DOG.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución

GALICIA: Publicadas as listas definitivas de persoas admitidas no proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas categorías de: Auxiliar da Función Administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celadores do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 8 DE OUTUBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PROCEDE A DAR PUBLICIDADE ÁS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS, CO NÚMERO DE ORDE E PUNTUACIÓN, CON RESPECTO AO PROCESO DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE ______________________________________________________________________________________________________________

As categorías son as seguintes:

1. Grupo auxiliar da función administrativa.

2. Persoal de servizos xerais.

3. Celador/a.

Nesta primeira xeración de listas tivéronse en conta as persoas aspirantes admitidas con data de inscrición formalizada entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de xaneiro de 2012. Polo que respecta aos méritos computados, foron os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do período anterior.

Resólvese:

Darlle publicidade ás listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e puntuación, nas categorías estatutarias do grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador/a, en canto listaxes de aspirantes para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Os/as participantes poderán consultar o seu resultado no FIDES/Expedient-e na epígrafe de procesos, selección temporal ou promoción profesional. As listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e a puntuación, están accesibles a través da páxina web do organismo: https://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

As listas entrarán en vigor con data do 15 de novembro de 2012, e o chamamento e demais características de xestión das listas serán os previstos no pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CEMSATSE, CIG, CSI.F, UGT e USAE con data do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas

GALICIA: Aberto o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no SERGAS

RESOLUCIÓN DE 21 DE SETEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, POLA QUE SE ABRE O PRAZO PARA INSCRICIÓN DE ASPIRANTES DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

_______________________________________________________________________________________________________________

 Formalízase o inicio do proceso de inscrición para as listaxes seguintes:

1. Farmacéutico/a de atención primaria.

2. Odontólogo/a.

3. Fisioterapeuta.

4. Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.

5. Enfermeiro/a especialista en saúde mental.

6. Terapeuta ocupacional.

7. Técnico/a superior en documentación sanitaria.

8. Técnico/a superior en dietética e nutrición.

9. Técnico/a en farmacia.

10. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

As persoas interesadas en formar parte das listas deberán inscribirse nos modelos formalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, no punto FIDES/Expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo.

Na inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/ás que opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición.

As listas xeraranse coas persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 16 de outubro de 2012 coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos OPE 2008/2009 e daqueles que se determinan para as categorías estatutarias non incluídos na referenciada oferta pública e que figuran na páxina web do organismo: www.sergas.es.

INSTANCIAS:

A inscrición resulta obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar nas listas que se elaboren por cada categoría das previstas no punto anterior, debendo presentar unha solicitude por cada categoría na que desexe inscribirse. Unha vez confirmada a inscrición electronicamente no formulario de solicitude, non poderá modificarse. O formulario confirmado debe imprimirse e presentarse nos rexistros administrativos.

A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, no punto correspondente do FIDES/Expedient-e, no punto procesos.

Na inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/ás que opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo relacionadas cos requisitos de admisión.

Cada solicitude referirase a unha única categoría e a un único ámbito territorial.

As solicitudes en papel, que resultan da impresión da inscrición automatizada, poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, e nas xerencias de Área de Xestión Integrada, de ser o caso, así como nos órganos e nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de solicitude de inscrición. Recoméndase remitir a inscrición á mesma unidade onde xa consta o resto de documentación de méritos, de ser o caso.

A inscrición electrónica, unha vez xerada, non será modificable. De haber diferenzas entre os datos rexistrados electronicamente e os rexistrados administrativamente en papel terán validez estes últimos sobre os primeiros.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DESDE O DÍA 1 DE OUTUBRO AO 31 DE OUTUBRO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas contratación

GALICIA: Resolución que modifica a Resolución pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no SERGAS

RESOLUCIÓN DO 12 DE XULLO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DO 29 DE XUÑO DE 2012 POLA QUE SE PUBLICA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN DE SERVIZOS PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

_______________________________________________________________________________________________________________ 

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que habilita as administracións públicas a rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías de enfermeiro/a e de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061, publicadas pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG nº 131, do 10 de xullo de 2012) da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, en canto se incluíron nas súas áreas especiais aspirantes que non reunían os requisitos exixidos no número II.1.1. do vixente pacto de selección temporal, aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), acórdase publicar de novo as listas de admitidos/as e excluídos/as de enfermeiro/a e de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

As novas listas que substitúen as publicadas pola Resolución do 29 de xuño de 2012, nas categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública do 061, publícanse na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto de emprego público, listas de contratación.

Coa publicación das novas listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías citadas, ábrense novos prazos de reclamación e recurso contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no DOG para as dúas categorías de enfermeiro e enfermeiro do 061.

A documentación acreditativa dos requisitos de acceso ás listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a do 061 anteriormente citadas, e os erros materiais cometidos polas persoas aspirantes poderán ser emendados no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, así como tamén calquera outro erro material producido na publicación destas listaxes.

NOVO PRAZO DE RECLAMACIÓNS: DENDE O DÍA 20 ATA O DÍA 30 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución

 

GALICIA: Resolución pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías Santiarias e de Xestión de Servizos para vinculacións temporais no SERGAS

RESOLUCIÓN DO 29 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN DE SERVIZOS PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

Publicado no DOGA Nº 131 de 10 de xullo de 2012

____________________________________________________________________________________________________________________________

Por Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26.3.2012), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes das categoría sanitarias (enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 e enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía), para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Así mesmo, por Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26.3.2012), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes das categorías sanitarias e de xestión e servizos (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, traballador/a social, logopeda, técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais e técnico de grao medio en Prevención de Riscos Laborais), para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Nas ditas resolucións prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpriran os requisitos determinados nas anteriores resolucións.

Unha vez comprobados os datos correspondentes aos requisitos procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas, así como tamén nas áreas especiais, con excepción das categorías de técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais e técnicos de grao medio en Prevención de Riscos Laborais que se fará en datas posteriores.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expediente-e na epígrafe de procesos.

PRAZO PARA PRESENTAR RECLAMACIONS: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 20 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace:  Resolución

GALICIA: Servicio Galego de Saúde: Corrección de erros da resolución pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de Enfermaría para vinculacións temporais do Sergas.

CORRECCIÓN DE ERROS. RESOLUCIÓN DO 14 DE MARZO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ABRE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN DE ASPIRANTES DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS DE ENFERMARÍA PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

______________________________________________________________________________________________________________

Advertidos erros na Resolución do 14 de marzo de 2012, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, publicada no DOG nº 59, do 26 de marzo de 2012, fanse as oportunas correccións.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Corrección erros

GALICIA: Resolución que modifica a Resolución do 6 de Xuño de 2012 pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais da baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, para vinculacións temporais de diversas categorías de Xestión e Servizos do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 15 DE XUÑO DE 2012 QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DO 6 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓN SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 6 de xuño de 2012, en canto que non se tivo conta toda a in­formación de datos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 6 de xuño de 2012.

NOVO PRAZO DE RECLAMACIÓN SÓ CON RESPETO AOS RESULTADOS DA BARE­MACIÓN: DENDE O DÍA 23 DE XUÑO ATA O DÍA 2 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución

GALICIA: Aberto o prazo para a inscricion de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no SERGAS

RESOLUCIÓN DO 4 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ABRE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN DE ASPIRANTES DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

Por medio desta resolución procédese a abrir o prazo para a inscrición das persoas aspirantes interesadas en presentar a súa solicitude nas listaxes que se confeccionen en aplicación do Pacto de selección temporal de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio de 2011), para o acceso ás vinculacións temporais neste organismo, nas seguintes categorías:

– Persoal médico de familia.

– Persoal médico de urxencias hospitalarias.

– Pediatra de Atención Primaria.

– Médico/a coordinador/a do 061.

– Médico/a asistencial do 061.

– Médico/a especialista en medicina do traballo.

SOLICITUDES:

A inscrición resulta obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar nas listaxes que se elaboren por cada categoría das previstas, e deberán presentar unha solicitude por cada categoría en que desexen inscribirse. Unha vez confirmada a inscrición electronicamente no formulario de solicitude non se poderá modificar. O formulario confirmado debe imprimirse e presentarse nos rexistros administrativos.

A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, na epígrafe correspondente do FIDES/expedient-e, na epígrafe procesos.

As solicitudes en papel que resultan da impresión da inscrición automatizada poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, e nas xerencias de Área de Xestión Integrada, de ser o caso, así coma nos órganos e nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de solicitude de inscrición. Recoméndase remitir a inscrición á mesma unidade onde xa consta o resto de documentación de méritos, de ser o caso.

PRAZO:

PARA A PRIMEIRA XERACIÓN DE LISTAXES, PODERANSE FORMALIZAR AS SOLICITUDES DESDE O DÍA 15 DE XUÑO ATA O 14 DE XULLO DE 2012.

Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Resolución DOGA

GALICIA: Publicadas as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as para vinculacións temporais en diversas categorías de Xestión e Servizos (Grupo Auxiliar da función administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celador/a) do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 6 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/DAS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE 

______________________________________________________________________________________________________________ 

Por Resolución do 24 de novembro de 2011 (DOG nº 227, do 28 de novembro), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Esta primeira inscrición formalizouse para as seguintes categorías de xestión e servizos: 

1. Grupo auxiliar da función administrativa. 

2. Persoal de servizos xerais. 

3. Celador/a. 

Na dita resolución prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 15.1.2012 que cumprisen os requisitos determinados na citada resolución. Este prazo foi ampliado ata o 16.1.2012. 

Por Resolución do 28 de febreiro de 2012 (DOG nº 49, do 9 de marzo) publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas anteditas categorías. 

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos seus resultados, mediante unha lista definitiva de excluídos/as e admitidos/as. 

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas. 

Ademais, por medio desta resolución publícanse tamén os resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos dos/das aspirantes admitidos/as e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida. 

Así mesmo, pola presente resolución disponse a publicación do número de titulares e suplentes das listas especiais para nomeamentos de curta duración (norma II.8 do pacto de selección temporal) de celador/a, desagregada por centro ou complexo hospitalario, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figura ao final desta resolución. 

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS AOS RESULTADOS DA BAREMACIÓN: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 25 DE XUÑO DE 2012 

As listas definitivas de excluídos/as e a lista de admitidos/as definitiva coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde. 

Para máis información, consulta os seguintes enlaces: 

Resolución 

Listas definitivas

GALICIA: Publicado o acordo sobre xestión das listaxes de vinculacións temporal de curta duración nas categorías de: Enfermeiro/a, TCAE, Celador/a e Pinche para o SERGAS.

RESOLUCIÓN DO 10 DE MAIO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICA O ACORDO SOBRE XESTIÓN DAS LISTAXES DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS DE CURTA DURACIÓN NAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DESTE ORGANISMO (Publicado no DOGA nº 102 do 30 de maio de 2012)

______________________________________________________________________________________________________________

O pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG n.º 89, do 9 de maio de 2011) prevé, no seu punto II.8, os nomeamentos de curta duración que se realizarán, con obxecto de daren cobertura ás necesidades de persoal estatutario producidas como consecuencia de ausencias de carácter urxente e non programado, de duración non superior a 4 días.

As categorías en que se oferta a posibilidade de vinculacións de curta duración son as que figuran no propio pacto: Enfermeiro/a, TCAE, Celador/a, Pinche, sen prexuízo doutras que, nun momento posterior, poida acordar a comisión central de seguimento do pacto.

De conformidade co disposto no pacto sobre selección temporal, as listas elaboraranse por centro ou complexo, agás na categoría de enfermeiro/a. Nesta última categoría, confeccionaranse dúas listas por área sanitaria e, se é o caso, zonificación, para a prestación de servizos, respectivamente, nos centros de atención primaria e especializada comprendidos no citado ámbito territorial.

As persoas interesadas na formalización de tales nomeamentos deberán facelo constar na respectiva solicitude de inscrición, indicando o ámbito de prestación de servizos polo que optan. Cada persoa aspirante só poderá inscribirse nunha lista de curta duración por categoría/área.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Acordo listaxes vinculacións temporais