GALICIA: Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo Zoo (Pontevedra): Convocadas 4 bolsas de formación para a realización de prácticas

CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE FORMACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DE VIGOZOO PARA O ANO 2013

4 bolsas tipo A de 6 meses de duración de 20 horas semanales de reforzo ao persoal do Departamento de Educación e que cubrirían tamén os fins de semana e festivos en quendas.

Tódalas bolsas comezarán, en principio, entre o 15 e o 30 de marzo de 2013.

As solicitudes serán presentadas no Rexistro do OO.AA. VigoZoo, dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poderán remitirse, asemade, ó Rexistro, o prazo antes mencionado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Os solicitantes deberán indicar no formulario de solicitude, no lugar indicado para elo, a baremación da documentación presentada, para posteriormente ser revisada pola Comisión de avaliación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bolsa de Formación