GALICIA: SERGAS: Resolución pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

_______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 3 DE DECEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

______________________________________________________________________________________________________________

Mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias (enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 e enfermeiro/a en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Así mesmo, mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía, traballador social, logopeda, técnico/a superior en prevención de riscos laborais e técnico de grao medio en prevención de riscos laborais) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Nas ditas resolucións prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpriran os requisitos determinados na citada resolución.

Pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG nº 131, do 10 de xullo), publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas categorias:

1. Enfermeiro/a.

2. Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

3. Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa.

4. Traballador social.

5. Logopeda.

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos resultados, mediante unha lista definitiva de excluídos/as e admitidos/as.

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas.

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación das listas provisionais.

As listas definitivas de excluídos/as e a lista de admitidos/as definitiva coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde:

https://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91267

Para mais información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas