GALICIA: Deputación Provincial de Lugo:Bolsa de investigación Ceramolóxica dos materiais castrexos na provincia de Lugo 2012-2013

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA QUE REXERÁ  A OFERTA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN CERAMOLÓXICA DOS MATERIAIS CASTREXOS NA PROVINCIA DE LUGO 2012- 2013

_______________________________________________________________________________________________________________

INSTANCIAS:

As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme o modelo oficial que figura no anexo I e no anexo II das bases respectivamente, debendo dirixila ao Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 10 ATA O DÍA 19 DE XULLO DE 2012

O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa