GALICIA: Concello de As Nogais (Lugo): Contratación de 2 Oficiais 2ª e 4 Peóns

CONCELLO DE AS NOGAIS

________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN POR CONCURSO DE DOUS OFICIAIS 2ª E CATRO PEÓNS EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos.

Clase de persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, a xornada completa.

Funcións: realización de tratamentos preventivos e mantementos en vías, camiños e outras instalacións de titularidade municipal.

Duración: catro meses.

INSTANCIAS:

As solicitudes presentaranse Nas oficinas do Concello de As Nogais de conformidade co establecido nas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 5 de xullo de 2012 e que estarán a disposición dos interesados nas oficinas do Concello, podéndose consultar, asi mesmo, no taboleiro de anuncios.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 20 ATA O DÍA 26 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Contratación

GALICIA: Concello de Cee (A Coruña): Contratación de 18 peóns para a limpeza de praias e entornos

CONCELLO DE CEE

_______________________________________________________________________

PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA DE PRAIAS E ENTORNOS

_______________________________________________________________________________________________________________

É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal, dos seguintes traballadores:

– 18 traballadores como peóns a media xornada

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

REQUISITOS: Estar inscrito como desempregado no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

INSTANCIAS:

As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9h a 13,30h , situado en Rúa Domingo Antonio de Andrade,s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 21 ATA O DÍA 27 DE XULLO DE 2012

Presentaranse nos modelos normalizados que figuran como anexos nas bases.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación