GALICIA: Concello da Veiga: Contratación dun/dunha Técnico/a Asesor/a da Oficina de Fomento Cooperativo

CONCELLO DA VEIGA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A ASESOR/A DA OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO

_______________________________________________________________________________________________________________

O alcalde do Concello da Veiga, mediante Decreto do 29.06.2012, aprobou as bases para a contratación laboral dun técnico/a asesor/a da Oficina de Fomento Cooperativo, nos concellos do Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives e A Veiga.

INSTANCIAS:

Poderán presentarse nos rexistros xerais dos concellos do Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives e A Veiga, de 09.00 a 14.00 horas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 6 ATA O DÍA 16 DE XULLO DE 2012

As bases atópanse na secretaría do Concello da Veiga, e poderán ser examinadas en horario de 09.00 a 14.00 horas durante o prazo de presentación de instancias.