GALICIA: Resolución que modifica a Resolución do 6 de Xuño de 2012 pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais da baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, para vinculacións temporais de diversas categorías de Xestión e Servizos do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 15 DE XUÑO DE 2012 QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DO 6 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓN SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 6 de xuño de 2012, en canto que non se tivo conta toda a in­formación de datos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 6 de xuño de 2012.

NOVO PRAZO DE RECLAMACIÓN SÓ CON RESPETO AOS RESULTADOS DA BARE­MACIÓN: DENDE O DÍA 23 DE XUÑO ATA O DÍA 2 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución