GALICIA: Publicadas as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as para vinculacións temporais en diversas categorías de Xestión e Servizos (Grupo Auxiliar da función administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celador/a) do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 6 DE XUÑO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/DAS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE 

______________________________________________________________________________________________________________ 

Por Resolución do 24 de novembro de 2011 (DOG nº 227, do 28 de novembro), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Esta primeira inscrición formalizouse para as seguintes categorías de xestión e servizos: 

1. Grupo auxiliar da función administrativa. 

2. Persoal de servizos xerais. 

3. Celador/a. 

Na dita resolución prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 15.1.2012 que cumprisen os requisitos determinados na citada resolución. Este prazo foi ampliado ata o 16.1.2012. 

Por Resolución do 28 de febreiro de 2012 (DOG nº 49, do 9 de marzo) publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas anteditas categorías. 

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos seus resultados, mediante unha lista definitiva de excluídos/as e admitidos/as. 

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas. 

Ademais, por medio desta resolución publícanse tamén os resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos dos/das aspirantes admitidos/as e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida. 

Así mesmo, pola presente resolución disponse a publicación do número de titulares e suplentes das listas especiais para nomeamentos de curta duración (norma II.8 do pacto de selección temporal) de celador/a, desagregada por centro ou complexo hospitalario, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figura ao final desta resolución. 

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS AOS RESULTADOS DA BAREMACIÓN: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 25 DE XUÑO DE 2012 

As listas definitivas de excluídos/as e a lista de admitidos/as definitiva coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde. 

Para máis información, consulta os seguintes enlaces: 

Resolución 

Listas definitivas