GALICIA: Escola Galega de Administración Pública: Convocatoria dunha Bolsa de formación na Área de Documentación e Biblioteconomía

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

_______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN NA ÁREA DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECONOMÍA

_______________________________________________________________________________________________________________

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área da documentación e a biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.

Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditadas algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en Biblioteconomía e Documentación, ou licenciatura en Biblioteconomía ou Documentación.

Solicitudes:

As solicitudes formalizaranse no modelo que se achega como anexo I a esta convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes e a documentación que se sinala na base cuarta presentarase no Rexistro Xeral deste organismo, situado na rúa Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o da EGAP ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicar á EGAP esta circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 981 54 63 37) ou telegrama.

Tamén se poderá presentar en sede electrónica, no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 DE XUÑO ATA O DÍA 1 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa