GALICIA: Concello do Barco de Valdeorras: Bolsa de contratación para Auxiliares Administrativos/as con carácter de funcionario/a interino/a.

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

_______________________________________________________________________

FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO, PARA AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS, CON CARÁCTER DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Graduado Escolar, graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, FPI ou equivalente, na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

Quen reunindo os requisitos esixidos desexe participar no proceso, deberá presenta-la solicitude no modelo oficial de instancia que se achega como anexo I da convocatoria.

A instancia dirixirase ó presidente da Corporación, e deberase presentar dentro do horario correspondente no Rexistro Xeral do concello (de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados), sen prexuízo do establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, de non a presentaren no Rexistro Xeral, é aconsellable que os/as interesados/as, dentro do prazo, a remitan por fax ó concello (n.º 988 325 978), avisando da presentación da solicitude por algún dos outros medios previstos no artigo 38 da Lei 30/92.

As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas antes de seren certificadas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 8 ATA O DÍA 13 DE XUÑO DE 2012

 Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa