GALICIA: Concello de Gondomar (Pontevedra): Contratación dun/dunha Arquitecto/a como interino

CONCELLO DE GONDOMAR

_______________________________________________________________________

SELECCIÓN DUN ARQUITECTO/A MUNICIPAL INTERINO

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión, como mínimo, do título de Arquitecto superior ou equivalente, ou en condicións de obterlo na data de remate do prazo de presentación de instancias, entendéndose que se está en condicions de obter o título académico cando se houberan aboado os dereitos para a súa expedición.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte na oposición, dirixiranse ó Presidente da Corporación e presentaranse no Rexistro xeral do Concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 12 ATA O DÍA 21 DE XUÑO DE 2012

Poderán tamén presentarse na forma que determina a Lei 30/92, de 26/11, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Arquitecto