GALICIA: Concello do Páramo (Lugo): Contratación dun/dunha Tractorísta

CONCELLO DO PÁRAMO

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN POR CONCURSO DE TRACTORISTA EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

_______________________________________________________________________________________________________________

Proceso de selección.: Concurso de méritos.

Clase de persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, a xornada completa.

Funcións: realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal.

Duración: Ata o 31 de agosto de 2012.

INSTANCIAS:

As solicitudes presentaránse de conformidade co establecido nas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 31 de maio de 2012 e que estarán a disposición dos interesados nas oficinas do Concello, podéndose consultar, así mesmo, no taboleiro de anuncios .

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 18 ATA O DÍA 22 DE XUÑO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación

GALICIA: Concello de Bóveda (Lugo): Convocatoria para cubrir interinamente 1 praza de Traballador/a Social

CONCELLO DE BÓVEDA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE A PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL DOS SERVICIOS SOCIAIS DESTE CONCELLO

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de valoración de méritos.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do Título de Diplomado en Traballo Social ou Asistente Social.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte no concurso, en modelo Oficial que figura en Anexo das Bases, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bóveda.

Tamén poderán presentar as instancias na forma prevista no artigo 38.4 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 17 ATA O DÍA 26 DE XUÑO DE 2012

O modelo oficial da instancia solicitando participar no concurso de méritos se publicará na paxina Web do Concello https://www.boveda.gob.es

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Convocatoria