CONCELLO DE MARÍN
________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 24 POSTOS DE SOCORRISTAS PARA A VIXILANCIA DAS PRAIAS DO CONCELLO DE MARÍN NA TEMPADA DE VERÁN 2012
________________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
— Estar en posesión da Titulación de Socorrista Acuático en espazos acuáticos naturáis expedido pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, pola Academia de Seguridade Galega, cruz Vermella, Idissa ou calquera outra titulación oficial expedida por unha administración pública competente.
— Ter solicitado a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ( DOGA nº 67 do 9/04/2012).
INSTANCIAS:
As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán facelo constar mediante instancia de solicitude que se axustará o modelo que figura como Anexo III das bases.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 7 ATA O DÍA 18 DE XUÑO DE 2012
A presentación das solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do concello de Marín en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados. Así mesmo, poderán presentarse en calqueira das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Procedemento Administrativo.
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación