DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
________________________________________________________________________
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL POLO PROCEDEMENTO ESPECIAL DE URXENCIA DE DOUS SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS DO PARQUE TECNOLÓXICO
________________________________________________________________________________________________________________
– Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.
– Duración do contrato: 3 meses.
– Sistema de selección: procedemento especial de urxencia.
– Titulación requerida: Título de socorrista e acreditación de ter solicitada a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia (Decreto 104/2012, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia).
INSTANCIAS:
Presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia ó número de fax (988 385 184) á espera de recibi-lo orixinal por correo ordinario.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 20 ATA O DÍA 22 DE MAIO DE 2012
Os interesados deberán presenta-lo título de socorrista e acreditación de estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, e o currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida cualificación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar, e, ademais, realizaráselles unha proba práctica relacionada cos cometidos da praza de socorrista.
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación