Bolsas para a realización das actividades no departamento de Educación Ambiental de Vigozoo (Pontevedra)

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL PARQUE DAS CIENCIAS VIGO ZOO

_____________________________________________________________________

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES NO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DE VIGOZOO

____________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN: Poderán optar ás bolsas de prácticas no Departamento de Educación Ambiental, os/as Licenciados e Diplomados de titulacións relacionadas con medioambiente, educación e turismo ou equivalentes.

INSTANCIAS:

As solicitudes serán presentadas no Rexistro do OO.AA. VigoZoo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 9 ATA O DÍA 20 DE MARZO DE 2012

Poderán remitirse, asemade, ó Rexistro do OO.AA. VigoZoo, no prazo antes mencionado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases bolsas