CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DO PERSOAL ESPECIALIZADO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE FRIOL CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL
En cumprimento da Resolución da Alcaldía de data 15 de febreiro do actual, formúlase a presente convocatoria pública para prover con carácter temporal os postos de traballo seguidamente se sinalan:
1 PRAZA DE ENCARGADO DO PUNTO DE ATENCIÓN A INFANCIA
Titulacións : Licenciado en Pedagoxía ou Psicopedagoxía, Mestre especialista en educación infantil ou equivalente, Técnico superior en educación infantil ou equivalente.
1 PRAZA DE PERSOAL DE APOIO
Titulacións: Titulacións anteriores, Técnico en atención socio-sanitaria, Técnico superior en animación sociocultural, Técnico en coidados auxiliares de enfermería, Diplomado en Puericultura ou calesquera outras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente para a autorización do centro.
As bases reguladoras da selección figuran expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. DENDE O DÍA 25 DE FEBREIRO ATA O DÍA 3 DE MARZO DE 2011
Os interesados deberán dirixir a súa solicitude ao Sr. Alcalde – Presidente do concello de Friol, presentándoas no rexistro xeral do Concello ou nos lugares que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro. Cando as solicitude se presenten fora do rexistro do Concello, con fin de axilizar os trámites poderán remitir unha comunicación por fax ao Concello( 982375206) comunicando a presentación da solicitude co selo de correos ou do rexistro correspondiente. Na solicitude indicarase a praza á que pretende acceder. Se pretende acceder a calquera das súas por ter titulación suficiente, presentará unha solicitude para cada unha delas.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios de esta Entidade e na páxina web da entidade.