Convocada como interinidade 1 praza de Auxiliar Administrativo/a para o Concello de Sada (A Coruña)

BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN INTERINA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL PARA O CONCELLO DE SADA

 

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar, Bacharel Elemental, Formación Profesional de 1º Grado ou equivalente ou outros superiores. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias) da Credencial que acredite a súa homologación.

INSTANCIAS:

 As instancias, dirixidas ó señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horas de oficina.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 5 ATA O DÍA 14 DE FEBREIRO DE 2011

As persoas aspirantes farán constar na instancia que reúnen tódolos requisitos sinalados na Base 2ª, e achegarán:

– Xustificante de pago da cantidade de 10 euros en concepto de taxas por dereitos de exame, que se pagará en calquera das seguintes contas bancarias do concello:

CAIXAGALICIA 2091/0035/83/3110000028        BANCO DE GALICIA 0075/8989/13/0600093769.

– Fotocopia do D.N.I. ou resgardo do mesmo, pasaporte ou carné de conducir. No suposto de ser nacional doutros Estados: pasaporte ou documento válido correspondente que acredite a súa identidade e o visado correspondente, de ser este esixible, e no seu caso permiso de residencia en vigor.

–  No caso de posuílo e ós efectos de exención da realización do exercicio de coñecemento de lingua galega: Fotocopia compulsada do título de iniciación de lingua galega, CELGA 2, a súa validación ou superior.-

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Bases Concello de Sada

 

Contratación Laboral Temporal dun Técnico de Animador Deportivo para o Concello de Sada (A Coruña)

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE ANIMADOR DEPORTIVO PARA O CONCELLO DE SADA

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión alternativamente de: ? Título de técnico en actividades físicas e animación deportiva. ? Licenciatura en Educación Física.  ? Diplomatura de Maxisterio (especialidade educación física).

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias) da credencial que acredite a súa homologación.

INSTANCIAS:

As instancias, dirixidas ó señor alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, sito na Avda. da Mariña, 25, 15160 Sada, en horas de oficina, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (tendo que anunciarse dita presentación vía fax ó número 981 621274).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 5 ATA O DÍA 14 DE FEBREIRO DE 2011

As persoas aspirantes farán constar na instancia que reúnen tódolos requisitos sinalados na base 2.ª, e achegarán:

– Xustificante de pago da cantidade de 20 euros en concepto de taxas de participación no proceso selectivo, que se pagará en calquera das seguintes contas bancarias do Concello, indicando como concepto: TAXAS PS 1/11.-  CAIXAGALICIA 2091/0035/83/3110000028. 

BANCO DE GALICIA 0075/8989/13/0600093769.

– Fotocopia do D.N.I. ou resgardo do mesmo, pasaporte ou carné de conducir. No suposto de ser nacional doutros Estados pasaporte ou documento válido correspondente que acredite a súa identidade e o visado correspondente, de ser este esixible, e no seu caso permiso de residencia en vigor.

– Fotocopia compulsada da titulación esixida.

– Relación de méritos alegados segundo a orde de baremación establecida nas bases.-

– Documentación acreditativa dos méritos alegados na fase de concurso de acordo ó previsto na base 6.ª (os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais de Galicia, galego ou castelán, no caso de documentos expedidos noutras comunidades autónomas do estado español, para que teñan validez deberán estar redactados en castelán ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun pais estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente). Só se terán en conta os méritos que se acrediten documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Bases Concello de Sada