Técnico/a de Administración Xeral. Concello de Fene (A Coruña)

Convocatoria para cubrir interinamente unha praza de funcionario/a interino/a , Técnico de Administración Xeral, encadrada na escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, integrada transitoriamente no subgrupo «A1». A duración do nomeamento será entre tanto non se cubra en propiedade a praza mediante o oportuno proceso selectivo.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

– Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

– Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

– Estar en posesión do título de Licenciado/a en Dereito, Ciencias Políticas, Económicas ou Empresariais, intendente Mercantil ou Actuario ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquiera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutorarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

Presentación de Instancias: Oito días naturais contados a partir do seguinte a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (ata o 26 de febreiro), presentarase mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Fene no Rexistro Xeral Municipal.

Achegaranse á instancia:

– Fotocopia cotexada polo concello do DNI.

– Fotocopia cotexada da titulación esixida.

No seguinte enlace podes atopar o modelo de instancia que figura como anexo I:https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/02/18/bop_32.pdf#page=85